CG-2.1
vía para automóbiles de Monforte de Lemos (N-120) a Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
vía para automóbiles de Monforte de Lemos (N-120) a Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
A CG-2.1 ou Corredor Monforte de Lemos-Lalín[1][2] (na provincia de Lugo), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Monforte de Lemos e Alto do Faro; atravesa os concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada. Ten unha lonxitude de 30,14 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-120 en Monforte de Lemos e finaliza nun cruzamento coa PO-533 en Alto do Faro co límite provincial de Lugo e Pontevedra.
CG-2.1 Corredor Monforte de Lemos-Lalín | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía de altas prestacións |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 30,14 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-120 Monforte de Lemos |
Fin | PO-533 Alto do Faro |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
Inicia na ligazón de forma tormenta da estrada nacional N-120, polo suroeste de Monforte de Lemos, no lugar do Boieiro (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada nacional N-120a, no lugar da Estrada (concello de Pantón) coa dirección, ao oeste cara ao lugar de Ferreira de Pantón e ao leste cara a Monforte de Lemos. Seguindo á ligazón da vía para automóbiles VG-2.1 con dirección ao corredor de Lugo-Monforte de Lemos, CG-2.2 e a estrada LU-617 no lugar da Folgueira (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada LU-P-4106, coa dirección, ao sur cara ao lugar de Goián e ao norte cara ao lugar do Castro de Moreda no lugar da Lama do Franco (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-615 con dirección norte cara a Escairón no lugar de Licín (concello do Saviñao) e seguindo á ligazón da estrada LU-616 con dirección nordeste cara a Escairón no lugar de Montes (mesmo concello). Chegando ao momento final da metade do corredor coa conexión á estrada LU-533 con dirección a Chantada.
No percorrido da estrada LU-533 non conta como corredor, a outra metade do corredor inicia na rotonda coa ligazón de forma tormenta, no norte de Chantada, seguindo á ligazón da estrada LU-213 coa dirección, ao leste cara a Chantada e ao oeste cara ao lugar de Sobreira de Arriba (mesmo concello), no lugar de San Xurxo (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-6001 coa dirección, ao sur cara ao lugar de Mundín e ao norte cara ao lugar de Adá, no lugar de Mundín (mesmo concello) e remata coa conexión á estrada PO-533 co límite provincial de Lugo e Pontevedra en Alto do Faro, con dirección a Rodeiro e Lalín (o mesmo da estrada PO-533 que non conta como corredor).
A principios da década dos anos 90 iniciouse as obras da mellora, acondicionamento e firme do treito entre Lalín e Escairón da antiga estrada comarcal C-533, as primeiras obras do tramo entre Chantada e Alto do Faro iniciaron en novembro de 1992[3]. Este sería o primeiro corredor máis antigo de Galicia coa primeira inauguración de decembro de 1993,[4] no treito entre Alto do Faro e Chantada. Antes desta primeira inauguración, acabaron as obras do acondicionamento da antiga C-533, nos treitos:
En febreiro de 1995[9] iniciaron as obras da variante de Escairón e puxeron en servizo en marzo de 1997[10][11] e uns sete meses despois[12] prolongaron o treito ata Bacelares e finalmente en maio de 1999[13][14] chegado a Monforte de Lemos polo norte, un treito de 3,6 quilómetros é da CG-2.1 e outro de 2,1 quilómetros é da VG-2.1. O último treito polo oeste de Monforte de Lemos coa conexión da estrada nacional N-120 foi inaugurado en febreiro de 2005.[15][16][17]
Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
CG-2.1 | N-120 Monforte de Lemos (suroeste) - VG-2.1 A Folgueira | 5 | 2005[15][16][17] |
CG-2.1 | VG-2.1 A Folgueira - Bacelares | 3,6 | 1999[13][14] |
CG-2.1 | Bacelares - LU-615 Escairón (sur) | 4 | 1997[12] |
CG-2.1 | Variante de Escairón Tramo: LU-615 Escairón (sur) - LU-533 Escairón (suroeste) | 2 | 1997[10][11] |
LU-533 | CG-2.1 Escairón (suroeste) - LU-617 Santo Estevo de Ribas de Miño Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor | 7,7 | 1993[7][8] |
LU-533 | LU-617 Santo Estevo de Ribas de Miño - N-540 Chantada (leste) Acondicionamento do tramo e nova ponte sobre o río Miño | 4,7 | 1991[6][18] |
CG-2.1 | N-540 Chantada (norte) - PO-533 Alto do Faro | 13,6 | 1993[4][19] |
PO-533 | CG-2.1 Alto do Faro - Maceira Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor | 18 | 1992[5] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.