C5 (complemento)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O compoñente do complemento 5 ou C5 é unha proteína que forma parte do sistema do complemento inmunitario, que nos humanos está codificada no xene C5 do cromosoma 9.[1]
PDB 3cu7 | |
Compoñente do complemento 5 | |
Identificadores | |
Símbolo | C5 ; C5a; C5b; CPAMD4 (xene) |
Entrez | 727 |
HUGO | 1331 |
OMIM | |
RefSeq | NP_001726 |
UniProt | P01031 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 9 q33-q34 |
O C5 é clivado por un encima convertase dando lugar aos compoñentes C5a e C5b:
- O C5a xoga un importante papel na quimiotaxe.
- O C5b forma a primeira parte do complexo de ataque á membrana.
Crese que a deficiencia de C5 é a causa da enfermidade de Leiner, unha doenza da pel con propensión a infeccións.