![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/ISO_C%252B%252B_Logo.svg/langgl-640px-ISO_C%252B%252B_Logo.svg.png&w=640&q=50)
C++
linguaxe de programación / From Wikipedia, the free encyclopedia
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C.
C++ | |
---|---|
![]() | |
Paradigma | multiparadigma: orientado a obxectos, imperativo, programación xenérica. |
Data | 1985 |
Deseñador | Bjarne Stroustrup |
Tipo de dato | forte, estático |
Postas en funcionamento | GNU Compiler Collection, Microsoft Visual C++, Borland C++ Builder, Dev-C++, C-Free |
Dialectos | ISO C++, ANSI C++ (1998), ANSI C++ (2003) |
Influído por | C, Simula |
Influíu | C#, Java, PHP, D |
É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates"). C++ abrangue tres paradigmas da programación: a programación estruturada, a programación xenérica e a programación orientada a obxectos.
Os modelos defínense da seguinte maneira:
template <parámetros> declaración X
e as instancias con:
X<parámetros>.
Posúe unha serie de propiedades que non se atopan en todas as linguaxe de alto nivel:
- a posibilidade de redefinir os operadores,
- a identificación de tipos en tempo de execución (RTTI)
Menciónase a C++ de xeito habitual como unha linguaxe potente xa que permite o traballo tanto a niveis altos como baixos. Non obstante, é das que menos automatismos posúe. A obriga de facer case todo manualmente, ao igual que C, dificulta a súa aprendizaxe.
O nome C++ foi proposto por Rick Masciatti no ano 1983 cando a linguaxe se empregou por vez primeira fóra dun laboratorio científico. Antes usárase o nome de "C con clases". En C, "C++" significa "C + 1", e refírese a que C++ é unha extensión de C. Algúns din que "C++" aínda significa "C", porque "++" neste caso é o operador da post-incrementación, é dicir, aumenta o valor da expresión á que se refire, despois, nas instrucións seguintes. Por isto o valor da expresión neste momento permanece orixinal.