From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos córvidos (Corvidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos.[1]
Córvidos Corvidae Rango fósil: Mioceno medio - Actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo grande (Corvus corax), a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Distribución da familia. | |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Actualmente (2021) 133 especies están incluídas nesta familia.[2]
Polo xeral teñen un tamaño medio maior que as das outras familias de paseriformes; de feito, a familia inclúe a algunhas das máis grandes especies da orde.
Os córvidos mostran unha intelixencia notábel para animais do seu tamaño, e están entre as aves máis intelixentes estudadas até agora. Unha revisión de 2004 suxeriu que a intelixencia dos córvidos é comparable á dos homínidos non humanos (chimpancés, orangutáns e gorilas) en termos de cognición social, razoamento causal, flexibilidade, imaxinación e prospección.[3]
A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach,[4] na obra Synopsis of the contents of the British Museum.[5] Porén, o WoRMS atribúe a súa descrición ao zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors.[1]
O nome científico Corvidae está formado, segundo a norma, polos elementos Corv- e -ĭdae. O primeiro é a raíz do nome do xénero tipo da familia, Corvus, e o segundo o sufixo do latín científico empregado para formar os nome das familias de animais.[6]
Ocupan unha gran variedade de hábitats, incluíndo bosques, praderías, desertos, terras de cultivo e cidades, por toda a Terra, excepto Nova Zelandia e varias illas oceánicas, e as zonas extremas do Ártico e da Antártida.
Platylophus galericulatus inclúese tradicionalmente nos córvidos, pero quizais non sexa un verdadeiro membro desta familia, posiblemente estando máis próximo á dos Malaconotidae ou á dos Laniidae. Polo momento é mellor consideralo como un Corvidae incertae sedis.[8][9]
Así mesmo, Pseudopodoces humilis é, de feito, un membro da familia dos páridos.[10]
A seguinte árbore filoxenetica presenta os coñecementos actuais sobre a filoxenia da familia dos córvidos segundo J. Boyd:[11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
En Galicia encóntranse as especies Corvus corax, Corvus corone, Corvus monedula, Garrulus glandarius, Pica pica e Pyrrhocorax pyrrhocorax.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.