gobernadora xeral de Granada From Wikipedia, the free encyclopedia
Cécile Ellen Fleurette La Grenade, nada en La Borie, Saint George, illa de Granada, o 30 de decembro de 1952, é unha científica alimentaria granadina que exerce como gobernadora xeral de Granada dende o 7 de maio de 2013, sucedendo a Sir Carlyle Glean.[1] Foi a primeira muller que se converteu en gobernadora xeral dende a independencia de Granada en 1974.[2]
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1952 (71 anos) La Borie (en) |
Governor General of Grenada (en) | |
7 de maio de 2013 – ← Carlyle Glean (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Granada, Caribe |
Educación | Universidade das Indias Occidentais |
Actividade | |
Ocupación | científica , política |
Premios | |
La Grenade é a terceira das 5 fillas de Allan A. La Grenade, funcionario, e Sibyl Sylvester-La Grenade, enfermeira. A súa avoa materna, Mary Louise "Eva" Ollivierre-Sylvester, foi a primeira muller nas Illas de Barlovento Británicas en ocupar un escano no consello lexislativo do seu país, despois de ser elixida en 1952, menos dun ano despois de aprobarse o sufraxio universal.
La Grenade é nutricionista e formouse nos Estados Unidos. É licenciada en química pola Universidade das Indias Occidentais, e ten un mestrado e un doutoramento en Ciencias dos alimentos pola Universidade de Maryland.[3] A súa designación como gobernadora xeral anunciouse a mesma semana en que morreu a primeira muller gobernadora de Granada, Hilda Bynoe. Bynoe era afillada do avó materno de La Grenade, Cyril I. St Bernard Sylvester, educador e funcionario público.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.