Cándido ou o optimismo[5] (en francés: Candide, ou l'Optimisme) é un conto filosófico publicado polo filósofo ilustrado Voltaire en 1759. Voltaire nunca admitiu abertamente ser o autor da controvertida novela, a cal está asinada co pseudónimo «Monsieur le docteur Ralph» (literalmente, «o señor doutor Ralph»).

Thumb
Edición inglesa de 1762.

Datos rápidos Título orixinal, Autor/a ...
Cándido ou o optimismo
Thumb
Portada da edición de 1759 publicada por Cramer en Xenebra.[1][2]
Título orixinal'Candide, ou l'Optimisme
Autor/aVoltaire
Ilustrador/aJean-Michel Moreau
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Tema(s)O melhor de todos os mundos possíveis, Terremoto de Lisboa de 1755, Inquisição portuguesa, escravitude, guerra, filosofía, viaxe, unhappiness, amor, Loito, sociability, alimentación, Riqueza, Migración humana, Ironía, sociedade, ser humano, razón, aventura, desastre e Optimismo
Xénero(s)Conto filosófico
EditorialFrancia Cramer
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia xaneiro de 1759[3][4]
Galicia 1999
Páxinas172
ISBNISBN 8483023997 (1999)
ISBN 84-9757-184-3 (2005)
TraduciónHenrique Harguindey
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada por Edicións Xerais no ano 1999, con introdución de Herminio Barreiro.[5] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[6]

Ideas da obra

A obra narra, dende un punto de vista sardónico, as peripecias do protagonista Cándido no seu primeiro encontro co precepto do optimismo leibniziano de que «todo sucede para ben neste, o mellor dos mundos posibles» e nunha serie de aventuras subsecuentes que refutan de forma dramática o famoso precepto malia a obstinación coa que o personaxe se aferra a este.

A novela satiriza a filosofía de Leibniz, e é un mostrario dos horrores do mundo do século XVIII. En Cándido, Leibniz está representado polo filósofo Pangloss, titor do protagonista. A pesar de observar e experimentar unha serie de infortunios, Pangloss afirma repetidamente que «tout est au mieux» («todo sucede para ben») e que vive en «le meilleur des mondes possibles» («o mellor dos mundos posibles»).

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.