Bégard
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bégard (en bretón Bear) é un concello bretón localizado no noroeste do departamento de Côtes-d'Armor. A súa superficie é de 36,41 km2 e a poboación de 4808 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) | Western defense and security zone (en) | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Côtes-d'Armor | ||||
Capital de | |||||
Capital | Bégard (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.839 (2021) (132,9 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921534 Q114359494 | ||||
Superficie | 36,41 km² | ||||
Altitude | 142 m-45 m-176 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Bégard (en) | Vincent Clech (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22140 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ville-de-begard.fr |
O concello naceu logo da Revolución como consecuencia da nacionalización de bens da abadía de Bégard. A rexión estivo habitada no neolítico como testemuñan os numerosos monumentos megalíticos da zona. A primeiros do século XIX contaba con tres menhires, o de Paskiou, o de Sant-Norvez e mais o de Kergezhenneg, este último o único que aínda se conserva[1]. En 1130 fundouse a abadía de Bégard, pertencente á orde do Císter e na Revolución as cinco parroquias de Bodlezan, Gwenezhan, Lanneven, Sant-Norvez e Trezelan convertéronse en concellos. En 1792 fusionáronse nunha soa parroquia e no ano seguinte converteuse nun único concello so o nome de Bégard. O 26 de outubro de 2004 o concello municipal subscribiu a campaña de promoción do bretón Ya d'ar brezhoneg. No inicio do curso 2019 un total de 165 [2]alumnos recibían clases bilingües, o que supuña o 18,4% do alumnado do concello.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.