A dos burramíidos (Burramyidae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos,[2][3] coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums pigmeos e falanxeros pigmeos.

Máis información Clasificación científica, Xéneros e Especies ...
Burramíidos
Burramyidae

Rango fósil: plistoceno - actualidade [1]

Cercartetus nanus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Superfamilia: Phalangeroidea
Familia: Burramyidae
Broom, 1898
Xéneros e Especies
Véxase o texto
Pechar

Son diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica, cos que en tempos estiveron reunidos.

Na actualidade a familia conta con cinco especies recoñecidas agrupadas en dous xéneros, un deles monoespecíficp. Catro das especies son endémicas de Australia, e a outra que habita tamén en Papúa Nova Guinea e en Indonesia.

Características

Os pósums pigmeos varían en lonxitude de cerca de 5 até os 12 cm, e pesan xeralmente entre os 10 e os 50 g. Son nocturnos e omnívoros que se alimentan de invertebrados, froitos, sementes, néctar e pole. Son excelentes gabeadores, debido en gran parte á súa cola prénsil. Aínda que non se desprazan tanto como algunhas outras especies de falanxeros e cuscús, algunhas das especies son capaces de saltaren grandes distancias.[4]

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1898 polo médico e paleontólogo australiano de orixe escocesa Robert Broom, en Proc. Linn. Soc. N.S.W., 10: 564.[2]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Burramyidae, formouse como é a norma sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Burramys, coa adición da desinencia do latín científico -ĭdae, propia dos nomes de familias de animais.

Clasificación

Posibilidade dunha nove especie

Conservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.[9]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.