escritor e cazador de peles británicp From Wikipedia, the free encyclopedia
Archibald Stansfeld Belaney, nado o 18 de setembro de 1888 e finado o 13 de abril de 1938, máis coñecido como Bufo Gris ("Grey Owl"), foi un conservacionista, cazador de peles e escritor de orixe británica que finxiu ser nativo americano. Malia que conseguiu fama como conservacionista durante a súa vida, logo da súa morte revelouse que non era indíxena, xunto con outras fabricacións autobiográficas, afectaron negativamente á súa reputación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Archibald Stansfeld Belaney 18 de setembro de 1888 Hastings, Reino Unido (pt) |
Morte | 13 de abril de 1938 (49 anos) Prince Albert, Canadá (pt) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Parque Nacional Prince Albert (pt) 54°08′49″N 106°28′04″O |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido Canadá |
Actividade | |
Ocupación | escritor , ecoloxista , conservacionista , cazador |
Pseudónimo literario | Grey Owl Wa-Sha-Quon-Asin |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Anahareo |
Cronoloxía | |
disputed Native American heritage (en) | |
Belaney acadou a fama como escritor e relator notable, principalmente sobre temas medioambientais.[1] Traballando coa rede de parques nacionais, Bufo Gris converteuse en obxecto de numerosos filmes, e foi nomeado como "coidador dos parques de animais no Parque Nacional Riding Mountain en Manitoba" en 1931.[2] Xunto cos seus numerosos artigos, libros, filmes e lecturas, as súas visións sobre o conservacionismo acadou ó público máis aló das fronteiras do Canadá. O seu punto de vista sobre a conservación centrábase no impacto negativo dos humanos na natureza a través da modificación das fontes da natureza no seu beneficio, e na necesidade dos seres humanos en desenvolver un respecto polo mundo natural.[3]
Os recoñecementos a Belaney inclúen biografías, unha placa histórica no seu lugar de nacemento e un filme titulado Grey Owl sobre a súa vida dirixido por Richard Attenborough.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.