Bruno Latour
filósofo da ciencia, antropólogo e sociólogo francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bruno Latour, nado en Beaune o 22 de xuño de 1947 e finado o 9 de outubro de 2022,[1] foi un filósofo da ciencia, antropólogo e sociólogo francés.[2] Foi recoñecido especialmente polo seu traballo no campo dos estudos da ciencia e da tecnoloxía (STS).[3] Tras dar clases na École des Mines de París (Centre de Sociologie de l'Innovation) entre 1982 e 2006, converteuse en profesor do Institut d'études politiques de París (2006–2017), onde foi o director científico do Sciences Po Medialab. Retirouse de varias actividades da universidade en 2017.[4] Foi tamén Centennial Professor na Escola de Economía de Londres.[5][6]
Latour foi máis coñecido polos seus libros Nous n'avons jamais été modernes : Essai d'anthropologie symétrique (1991), Laboratory Life (con Steve Woolgar, 1979) e Science in Action (1987).[7] Aínda que os seus estudos sobre a práctica científica estiveron nun momento asociados coas achegas do construcionismo social[7] á filosofía da ciencia, Latour diverxeu significativamente destas achegas. É coñecido por renunciar á división subxectivo/obxectivo e redesenvolver a contribución do traballo práctico.[2] Latour dixo en 2017 que estaba interesado en axudar a reconstruír a confianza na ciencia e que algunhas das autoridades da ciencia necesitaban ser reconquistadas.[8] Xunto con Michel Callon e John Law, Latour foi un dos principais desenvolvedores da teoría do actor-rede (ANT), unha achega construcionista influída pola etnometodoloxía de Harold Garfinkel, a semiótica xenerativa de Algirdas Julien Greimas, e a socioloxía do rival de Émile Durkheim, Gabriel Tarde.
As monografías de Latour valéronlle o décimo posto entre os autores máis citados nas humanidades e as ciencias sociais en 2007.[9] Latour esforzouse en anticipar os retos e problemas do clima, afirmando que "Necesitaríanse cinco planetas para seguir vivindo como nós"[10].
A seguinte frase é atribuída por Eliane Brum a este filósofo
O negacionismo é a maneira que as elites atoparon para que os pobres paguen a factura climática[11]