![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/70/Hospital_de_Bruma_1.jpg/640px-Hospital_de_Bruma_1.jpg&w=640&q=50)
Bruma, Mesía
parroquia civil do concello de Mesía / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lourenzo de Bruma[1] é unha parroquia exclave do concello de Mesía, que linda con Ardemil (Ordes), Beira (Carral) e Vizoño, (Abegondo). A súa única aldea é o Hospital, que se lle chama así xa que nel se atopaba unha pousada e hospital de peregrinos. A Bruma chega o camiño inglés de Santiago, xusto cando as súas dúas variantes da Coruña e Ferrol e Neda se unen. O antigo hospital é agora un albergue do camiño. Bruma, segundo o padrón municipal de 2023, tiña 43 habitantes (17 homes e 26 mulleres) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Bruma | |
---|---|
![]() Albergue de peregrinos, antigo hospital de Bruma. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°09′01″N 8°21′49″O |
Área | 1,11 km² |
Poboación | 43 hab. (2023) |
Densidade | 38,74 hab./km² |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar