From Wikipedia, the free encyclopedia
Brother Bear (en galego: Irmán oso) é o cuadraxésimo cuarto clásico filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 24 de outubro de 2003, e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixida por Aaron Blaise e Robert Walker, e o guión foi elaborado por Tab Murphy, Steve Bencich, Lorne Cameron, Ron J. Friedman e David Hoselton, baseándose no argumento de Broose Johnson.
Irmán oso | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Brother Bear |
Director | Aaron Blaise Robert Walker |
Produtor | Chuck Williams |
Guión | Tab Murphy Lorne Cameron David Hoselton Steve Bencich Ron J. Friedman |
Intérpretes | Joaquin Phoenix Jeremy Suarez Rick Moranis Dave Thomas Jason Raize D.B. Sweeney |
Música | Mark Mancina Phil Collins |
Fotografía | Pete Kozachik Hiro Narita |
Montaxe | Tim Mertens |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación Fantasía Drama |
Recadación | $250 397 798 |
Na rede | |
http://movies.disney.com/brother-bear | |
As personaxes que protagonizan o filme son Kenai, Koda, Denahi, Rutt, Tuke, Sitka, Tanana e Tug. Trata sobre o xiro inesperado da vida dun neno chamado Kenai cando os espíritos o converten no animal que máis aborrece, o oso. A trama transcorre no noroeste americano e narra a amizade entre Kenai e o seu novo amigo Koda (un pequeno oso) e como entre os dous intentan que o protagonista recupere a súa forma humana. Mentres, o seu irmán (que non coñece o sucedido con Kenai) perségueo para conseguir o honor e a vinganza familiar.
A súa banda sonora está composta por Mark Mancina e Phil Collins, e interpretada por este último xunto con algúns artistas colaboradores. Comercializouse por Walt Disney Records o 26 de maio do 2009 e o disco contén 11 cancións, cunha duración total de 46 minutos e 13 segundos. Os temas que compoñen o disco son os seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.