![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Bran_Roumanie.jpg/640px-Bran_Roumanie.jpg&w=640&q=50)
Bran, Romanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bran (en alemán Törzburg; en húngaro Törcsvár) é unha vila de Transilvania pertencente ao Condado de Braşov, na raia con Valaquia (actualmente, Romanía) en plenos Cárpatos transilvanos. A aldea ten unha superficie de 67,85 km² e unha poboación en 2011 de 5.573 habitantes. Áchase a tan só 30 km da cidade de Braşov e divídese en cinco lugares: Bran, Poarta, Predeluţ, Şimon e Sohodol.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bran.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Bran (ro) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Brașov ![]() | ||||
Capital | Bran (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.866 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 67,85 km² ![]() | ||||
Altitude | 720 m ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Bran (en) ![]() ![]() | Ioan-Cosmin Feroiu (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 507025 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | primariabran.ro ![]() |
Pechar
É moi coñecida polo castelo medieval de Bran (en romanés Castelul Bran); que leva a sona de ser o Castelo de Drácula. Crese que realmente Vlad Țepeș (Vlad III o empalador), personaxe histórico no que se inspirou a novela do escritor irlandés Bram Stoker, só pasou nel uns días de camiño á cadea en Budapest[1].