Bouzas, Vigo
parroquia civil do concello de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo. A súa superficie é de 0,25 km² (sen contar os recheos portuarios)[2] e limita coas parroquias de Alcabre e Coia e a cidade de Vigo. Pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso[3]. Bouzas foi un concello independente ata 1904.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bouzas.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Bouzas | |
---|---|
Cruceiro Vello de Bouzas | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′34″N 8°45′12″O |
Área | 0,25 km² |
Poboación | 5.682 hab. (2020) |
Densidade | 22.728 hab./km² |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O IGE[4] non inclúe esta parroquia nos seus datos censuais, senón que queda incluída dentro da entidade singular de Vigo. En 2020, tiña 5.682 veciños, 2.772 homes e 2.910 mulleres.[5] Segundo o Nomenclátor de Galicia, está constituída por unha entidade, Bouzas.[6]