![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/Poio%252C_bosque_de_sequoias_01-05b.jpg/640px-Poio%252C_bosque_de_sequoias_01-05b.jpg&w=640&q=50)
Bosque de sequoias de Poio
bosque de sequoias no monte Castrove, Poio / From Wikipedia, the free encyclopedia
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa.[1]
O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen.
Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.