estilo de natación From Wikipedia, the free encyclopedia
O estilo bolboreta é un estilo natatorio, unha variación do estilo peito ou estilo braza na que ambos os brazos se levan xuntos á fronte, por enriba da auga, e logo cara a atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeiras, o cal nace ao levar cara a abaixo a cabeza no momento de entrar na auga, e culmina coa patada, chamada golfiño, e un movemento descendente e brusco dos pés xuntos. A invención do estilo bolboreta moderno é acreditada ó nadador xaponñes Jiro Nagasawa[1].
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
A técnica da bolboreta consiste no movemento sincronizado do brazo cun sincronizado das pernas. O movemento de onda do corpo é tamén moi significativo. Na posición inicial o nadador debe flotar cos pés detrás del e os brazos estendidos en fronte.
Hai tres distancias que se nadan habitualmente co estilo bolboreta, tanto en piscina de 50 metros coma de 25 metros:
A FINA define o regulamento do estilo Bolboreta (SW 8) coas seguintes características:
Todos os nadadores chegaron ás finais a menos que se especifique doutra maneira, Os récords cun asterisco (*) despois do tempo indican que lográronse despois da última lista de récords mundiais da FINA.
Proba | Récord | Nadador | País | Data | Lugar |
---|---|---|---|---|---|
50 m | 22,43* | Rafael Muñoz Pérez | España | 5 de abril de 2009 | Málaga, España[3] |
100 m | 49,82 | Michael Phelps | Estados Unidos | 1 de agosto de 2009 | Foro Itálico, Roma, Italia |
200 m | 1'51,51 | Michael Phelps | Estados Unidos | 29 de xullo de 209 | Foro Itálico, Roma, Italia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.