From Wikipedia, the free encyclopedia
O Boeing B-52 Stratofortress é un bombardeiro estratéxico subsónico que voa co exército dos Estados Unidos dende 1955, e é o sucesor do Convair B-36 Peacemaker. Aínda que construído para o rol nuclear da guerra fría, as súas capacidades de bombardeo convencional son máis importantes hoxe en día para os obxectivos da USAF, onde o seu gran radio de acción, de ata 14 080 km sen repostaxe aérea, e a súa gran capacidade, de ata 32 toneladas, de carga probaron a súa valía.[1][2]
A partir da obtención do contrato o 5 de xuño de 1946, o B-52 pasou por varias etapas de deseño; dende o primeiro prototipo de á recta propulsado por seis motores turbohélice ata o prototipo final YB-52, de á en frecha e propulsado por oito turborreactores. O avión realizou o seu primeiro voo o 15 de abril de 1952. Construído para levar armas nucleares en misións de disuasión durante a guerra fría, o B-52 Stratofortress substituíu o Convair B-36. A pesar de ser veterano nun feixe de guerras, o Stratofortress só utilizou munición convencional en combate. O seu nome de Stratofortress rara vez se utiliza fóra dos contextos oficiais; adoita a ser coñecido polo persoal da USAF como BUFF (Big Ugly Fat/Flying Fucker/Fellow).[3][4]
O B-52 leva en servizo coa USAF dende 1955. En xuño de 2019 aínda había 76 unidades no seu inventorio; 58 operados por forzas activas (2nd Bomb Wing e 5th Bomb Wing), 18 por forzas de reserva (307th Bomb Wing), e uns 12 en almacenamento de longo prazo na base de Davis-Monthan.[5][6][7][8] Os bombardeiros voaron baixo o Mando Aéreo Estratéxico (SAC) ata que se disolveu en 1992 e os avións pasaron ao Mando Aéreo de Combate (ACC). En 2010 todos os B-52 Stratofortresses foron transferidos do ACC ao novo Mando de Ataque Global da Fuerza Aérea (AFGSC). O rendemento superior a altas velocidades subsónicas e os custos operativos relativamente baixos mantíñanos en servizo a pesar da chegada de bombardeiros estratéxicos máis avanzados e posteriores, como o B-58 Hustler, o cancelado B-70 Valkyrie, o B-1 Lancer de xeometría variable, e o furtivo B-2 Spirit. O B-52 completou 60 anos de servizo continuo co seu operador orixinal en 2015. Tras ser actualizados entre 2013 e 2015, agárdase que as derradeira unidades operen ata a década de 2050.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.