Robert Louis "Bob" Fosse, nado en Chicago, Illinois o 23 de xuño de 1927 e finado en Washington, D.C. o 23 de setembro de 1987, foi un actor, bailarín, coreógrafo e director de cinema e de teatro estadounidense. É a única persoa que gañou no mesmo ano un Oscar, un Emmy e un Tony ao mellor director.
Traxectoria
Comezou a bailar e actuar cando era moi novo, facendo xiras pola área de Chicago e, ao ser recrutado, en bases navais do océano Pacífico.
Marchou a Nova York coa intención de converterse no novo Fred Astaire. A súa actuación coa súa primeira esposa, Mary Ann Niles, chamou a atención de Dean Martin e Jerry Lewis, conseguindo máis contratos, chegando á Metro-Goldwyn-Mayer en 1953.
Tras algunhas interpretacións en películas, comezou unha carreira coma coreógrafo en Broadway. Alí creou musicais como Sweet Charity ou Chicago.
A súa carreira coma director de cine está composta por só cinco filmes. Por tres deles conseguiu candidaturas ao oscar como mellor director, gañándoo por Cabaret. Empeza o espectáculo gañou tamén a Palma de Ouro.
Finou dun ataque ao corazón en 1987.
Obra
- 1969 - A doce caridade
- 1972 - Cabaret
- 1974 - Lenny
- 1979 - Empeza o espectáculo
- 1983 - Star 80
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.