BoJack Horseman
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
BoJack Horseman é unha serie estadounidense de animación de comedia e drama creada por Raphael Bob-Waksberg. Está protagonizada polas voces de Will Arnett, Amy Sedaris, Alison Brie, Paul F. Tompkins e Aaron Paul. Ambientada principalmente en Hollywood, a serie conta a historia dun cabalo antropomórfico chamado BoJack Horseman (Arnett), que foi unha estrela de televisión na década de 1990 e quere volver ser famoso cunha autobiografía escrita por unha escritora pantasma, Diane Nguyen (Brie). Ó mesmo tempo, Horseman ten lidar coa súa axente Princess Carolyn (Sedaris), o seu compañeiro de piso Todd Chavez (Paul), e o seu antigo rival Mr. Peanutbutter (Tompkins), así como cos seus problemas coa depresión e coas adiccións. A serie foi deseñada por Lisa Hanawalt, que foi amiga de Bob-Waksberg dende o instituto e traballara con el dende o webcomic Tip Me Over, Pour Me Out.[11][12]
Logo da serie. | |
Formato | |
---|---|
Creado por | Raphael Bob-Waksberg |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Patrick Carney, por Ralph Carney |
Tema de peche | "Back in the '90s (BoJack's Theme)" de Grouplove |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 77 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 25 minutos |
Distribuidor | Netflix Debmar-Mercury |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 1080p (16:9 HDTV) |
Primeiro episodio | 22 de agosto de 2014 |
Derradeiro episodio | 31 de xaneiro de 2020 |
Na rede | |
http://www.netflix.com/title/70300800 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |