Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.
Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .
O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth. A icona de Bluetooth son as runas das iniciais do nome e apelido. a (Hagall) e a (Berkana), coñecido como 'dente azul' ('bluetooth') fóra dos seus dominios.[1]
Máis información Norma, Versión ...
Norma |
Versión |
Ancho de banda |
IEEE 802.15.1-2002 |
Versión 1.1 |
|
IEEE 802.15.1-2005 |
Versión 1.2 |
1 Mbit/s |
|
Versión 2.0 + EDR |
3 Mbit/s |
IEEE 802.11 |
Versión 3.0 + HS |
24 Mbit/s |
|
Versión 4.0 |
24 Mbit/s |
Pechar
Datos rápidos Tipo, Nomeado en referencia a ...
Pechar