![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Blastocyst_-_2.png/640px-Blastocyst_-_2.png&w=640&q=50)
Blastocele
From Wikipedia, the free encyclopedia
O blastocele ou cavidade de segmentación[1] é unha cavidade chea de líquido ou vitelo que se forma na blástula durante as primeiras etapas do desenvolvemento embrionario. Nese estadio en mamíferos a blástula desenvólvese orixinando o blastocisto, que contén a embrioblasto (ou masa celular interna) e unha capa externa de trofoectoderma.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Blastocyst_-_2.png/320px-Blastocyst_-_2.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Diagram_of_Blastocyst_stage.png/640px-Diagram_of_Blastocyst_stage.png)
O blastocele desenvólvese conforme despois da segmentación do cigoto despois da fecundación.[2][3] É a primeira cavidade celular que se forma cando o embrión se agranda,[4] e é o precursor esencial da gástrula diferenciada.[5] No anfibio Xenopus describiuse unha cavidade moi pequena no estadio de desenvolvemento de dúas células.[6]