From Wikipedia, the free encyclopedia
O Blackpool Football Club é un equipo de fútbol profesional inglés da cidade de Blackpool, fundado no ano 1887. Actualmente compite no Football League Championship, a segunda división de fútbol profesional de Inglaterra.
Blackpool | |||
---|---|---|---|
Nome | Blackpool Football Club | ||
Alcume(s) | The Seasiders, The 'Pool, The Tangerines | ||
Fundación | 26 de xullo de 1887 | ||
Estadio | Bloomfield Road, Blackpool, Inglaterra | ||
Inauguración | 28 de outubro de 1899 | ||
Capacidade | 17.338 | ||
Propietario | Owen Oyston Valeri Belokon | ||
Presidente | Karl Oyston | ||
Adestrador | vacante | ||
Liga | The Championship | ||
2013–14 | 20º | ||
Vestimenta | Fila | ||
Patrocinador | wonga.com | ||
Na rede | |||
http://www.blackpoolfc.co.uk/ | |||
| |||
Dende 1901, o Blackpool xoga os seus partidos coma local no Bloomfield Road. O seu principal alcume é The Seasiders, aínda que tamén se lle chama The 'Pool e The Tangerines, este último en referencia á cor do seu primeiro uniforme.[1][2] O Blackpool mantén unha rivalidade local co Preston North End, e os partidos entre eles coñécense coma o "West Lancashire derby".
O logro máis salientable do Blackpool é a vitoria na final da FA Cup de 1953, cando gañaron ó Bolton Wanderers por 4-3, remontando un 1-3 en contra. Durante o período da posguerra, o Blackpool chegou a tres finais da FA Cup en seis anos e, durante os anos 50, quedou catro veces entre os seis primeiros clasificados da Football League First Division, sendo a súa mellor clasificación un segundo posto na tempada 1955-56, por detrás do Manchester United.
Cadro actualizado a 25 de xaneiro de 2013.
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.