masa dunha comunidade biolóxica dunha área ou do material biolóxico dunha mostra From Wikipedia, the free encyclopedia
A biomasa é a masa dos organismos presentes nunha área ou ecosistema nun momento determinado. O concepto de biomasa pode referirse á biomasa de especies, que é a masa dunha ou máis especies, ou a biomasa da comunidade, que é o total da masa das especies dunha comunidade. A biomasa inclúe a todos os dominios, desde microorganismos, plantas e animais.[1] A masa pódese expresar como media de masa por unidade de área ou volume, ou como o total de masa na comunidade.
Como se mide a biomasa depende da finalidade do cálculo. Algunhas veces a biomasa compútase como o total da masa natural dos organismos presentes nun sitio, como pode ser o cómputo de biomasa de pesca recollida nun caladoiro nun día de traballo. Noutros casos, a biomasa pódese referir a parte da materia biolóxica de interese, como é o cómputo en anatomía no que algúns elementos como os dentes e os osos non se computan. Nalgúns outros casos compútase a masa de carbono orgánico (C) que a materia orgánica recollida contén.
Sen contar as comunidades bacterianas, estímase que na Terra existen 560 mil millóns de toneladas de Carbono e que a produción primaría total anual de biomasa está nos 100 mil millóns de toneladas de carbono por ano.[2][3] A biomasa de bacterias do planeta podería ser de igual cantidade que a de animais e vexetais.[4][5]
A biomasa pódese empregar como fonte de enerxía. Supón a combustión de leña, arbustos, residuos forestais e agrícolas, restos de poda e subprodutos de industrias de transformación da madeira. Ás veces cítase como enerxía renovable. Nese caso considérase que a explotación emprega os recursos naturais forestais a un ritmo que no que crecemento anual da masa foresta é igual ao ritmo de do consumo humano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.