From Wikipedia, the free encyclopedia
A bioloxía celular ou citoloxía é a póla da bioloxía que estuda as células no que se refire á súa estrutura, ás súas funcións e á súa importancia na complexidade dos seres vivos. Atendendo á súa organización celular, os seres vivos clasificaranse en acelulares (virus, viroides) e celulares, sendo estes á súa vez clasificados en eucariontes e procariontes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Para alcanzar os seus obxectivos, os biólogos celulares vense obrigados a estudar os compoñentes da célula a nivel molecular; así que coa invención do microscopio óptico foi posible observar estruturas nunca antes vistas polo ser humano, as células. Esas estruturas estudáronse máis detalladamente co emprego de técnicas de citoquímica e coa axuda fundamental do microscopio electrónico.
A bioloxía celular céntrase na comprensión do funcionamento dos sistemas celulares, de como estas células regúlanse e a comprensión do funcionamento das súas estruturas. Os compoñentes principais do estudo celular son:
A primeira referencia ao concepto de célula data do século XVII cando o inglés Robert Hooke empregou este termo para referirse aos pequenos ocos poliédricos que constituían a estrutura de certos tecidos vexetais como o cortiza. Ata o século XIX non se desenvolve este concepto considerando a súa estrutura interior. É neste século cando se desenvolve a teoría celular, que recoñece a célula como a unidade básica de estrutura e función de todos os seres vivos, idea que constitúe desde entón un do alicerces da bioloxía moderna. Foi esta teoría a que desprazou en boa medida as investigacións biolóxicas ao terreo microscópico pois non son visibles a primeira ollada.
A investigación microscópica axiña daría lugar ao descubrimento da estrutura celular interna incluíndo o núcleo, os cromosomas, o aparato de Golgi e outros orgánulos celulares así como a identificación da relación existente entre a estrutura e a función dos orgánulos celulares. Xa no século XX a introdución do microscopio electrónico revelou detalles das ultraestrutura celular e a aparición da histoquímica e da citoquímica. Tamén se descubriu a base material da herdanza cos cromosomas e o ADN coa aparición da citoxenética.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.