Biobra, Rubiá
parroquia civil do concello de Rubiá From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Rubiá From Wikipedia, the free encyclopedia
San Miguel de Biobra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (36 homes e 29 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 89 habitantes.
Biobra | |
---|---|
Vista xeral da aldea | |
Concello | Rubiá[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°28′55″N 6°51′39″O |
Poboación | 65 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia está situada á beira da estrada N-120. Biobra forma parte do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Na parte alta da aldea está situado o seu Centro de Interpretación, desde onde parten interesantes rutas sinalizadas para andar. Pola parroquia pasa unha variante da vía de inverno do Camiño de Santiago[2].
Na igrexa parroquial hai un retablo con talle policromado. Ten unha figura da Virxe do Rosario e un sagrario coa Verónica na porta obra de Gregorio Español, ao igual có que fixo en Tejados (Valderrey, provincia de León). O retablo ten tamén dúas virtudes -a fe e a esperanza- na predela, similar á da parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), feito por Jerónimo de Salazar a comezos do século XVII[3].
O Boletín Oficial de Minas recolle un rexistro mineiro para unha explotación de antimonio en Ferradal e Teso, realizado por J. de D. Acevedo en abril de 1844, na mina de Reservada. En 1890 unha compañía alemá fixo unha cata para extraer antimonio, mais o proxecto non foi adiante. En 1891 retomouse a escavación na mina Pardo, propiedade do madrileño D. M. Hervella, da que sacou uns 10 000 kg deste semimetal. En 1894 F. Navarro recolle nos Anales da Sociedade Española de Historia Natural a presenza de catorce mostras de estibina de Biobra na colección do Museo de Ciencias Naturais[4].
Na parroquia está a adega Bacelos de Biobra, única con produción ecolóxica da Denominación de Orixe Valdeorras[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.