From Wikipedia, the free encyclopedia
William Melvin Hicks, nado o 16 de decembro de 1961 e falecido o 26 de febreiro de 1994, foi un cómico, monologuista, crítico social e músico estadounidense. O seu material, que abarca unha ampla gama de temas sociais como a relixión, a política e a filosofía, foi controvertido e a miúdo cargado de comedia escura.
(1991) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William Melvin Hicks 16 de decembro de 1961 Valdosta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 26 de febreiro de 1994 (32 anos) Little Rock, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Datos persoais | |
Residencia | Houston Nova York |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Houston Stratford High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | monologuista |
Período de actividade | 1978 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Rykodisc Records |
Páxina web | billhicks.com |
|
Aos 16 anos, mentres aínda estaba no instituto, Hicks comezou a actuar no Comedy Workshop en Houston, Texas. Durante os anos 80 xirou extensamente polos Estados Unidos e realizou varias aparicións de alto perfil na televisión, aínda que foi no Reino Unido onde amasou unha significativa base de seguidores, enchendo grandes locais durante a súa xira de 1991.[1] Hicks tamén acadou algún recoñecemento como guitarrista e compositor.
Hicks morreu de cáncro de páncreas aos 32 anos de idade. Nos anos posteriores á súa morte o seu traballo gañou unha significativa aclamación en círculos creativos (particularmente tras unha serie de edicións de álbums póstumos) e desenvolveu un considerable seguimento de culto. En 2007 foi posto no número 6 da lista dos "100 mellores monologuistas" da canle británica Channel 4,[2] e chegou ao número 4 na actualización da lista en 2010.[3] En 2017 a revista Rolling Stone púxoo no número 13 na súa lista dos "50 mellores monologuistas de todos os tempos".[4]
Hicks naceu en Valdosta, Xeorxia, sendo fillo de James Melvin "Jim" Hicks (1923-2006) e Mary Reese Hicks. Tiña unha irmá máis vella, Lynn, e tamén un irmán máis vello, Steve. A familia viviu en Alabama, Florida e Nova Jersey antes de establecerse en Houston, Texas, cando Hicks tiña sete anos.[5] Sentiuse atraído pola comedia sendo moi novo, emulando a Woody Allen e a Richard Pryor, e escribiría sketchs co seu amigo Dwight Slade. No colexio comezou a realizar actuacións cómicas (principalmente derivacións de material de Woody Allen) para os seus compañeiros de clase.[6] Na casa escribía as súas propias frases e deslizábaas por debaixo da porta da habitación do seu irmán Steve, o único membro da familia que respectaba debido á súa análise crítica. Steve díxolle, "Continua, Eres moi bo nisto".[7]
Moi cedo, Hicks comezou a burlarse das crenzas relixiosas da súa familia, membros da Convención Baptista do Sur. Bromeaba no Houston Post en 1987, "Éramos baptistas de Yuppie. Preocupábannos cousas como, 'Se raias o Subaru do teu veciño, debes deixar unha nota?'" A biógrafa Cynthia True describiu unha típica discusión co seu pai:
“ | O ancián Hicks diría, "Creo que a Biblia é a palabra literal de Deus". E Bill contestaría, "Non o é, papá". "Ben, creo que si". "Ben," respostaría Bill, "sabes, acre que é Napoleón. Está ben. As crenzas son estupendas. Valóraas, pero non as compartas como se fosen a verdade".[8] | ” |
Porén, Hicks non rexectou a propia ideoloxía espiritual, e durante toda a súa vida buscou varios métodos alternativos de experimentala. Kevin Slade, irmán máis vello de Dwight, introducíuno na Meditación Trascendental e noutras formas de espiritualidade. Durante unha fin de semana de Acción de Grazas, Kevin levou a Hicks e a Dwight a un curso de Meditación Trascendental en Galveston, Texas.[9] Preocupados sobre o seu comportamento rebelde, os seus pais levárono a un psicanalista cos 17 anos. Segundo Hicks, o analista levouno a un lado tras a primeira sesión de grupo e díxolle, "Podes continuar vindo se queres, pero son eles, non ti".[5]
Hicks estivo asociado ao grupo de cómicos Texas Outlaw Comics desenvolvido no Comedy Workshop en Houston na década dos 80.[10][11]
En xaneiro de 1986 Hicks usaba drogas recreativas e os seus recursos financeiros disminuíran.[12] Porén, a súa carreira conseguiu outro ascenso en 1987, cando apareceu no Young Comedians Special de Rodney Dangerfield.[13] Ese mesmo ano mudouse á cidade de Nova York, e durante os cinco anos seguintes actuou unhas 300 veces por ano. No álbum Relentless bromea de que deixou de usar drogas porque "unha vez que te levan a bordo de un OVNI é bastante difícil superar iso", aínda que nas súas actuacións continuou eloxiando con entusiasmo as virtudes do LSD, a marihuana e os cogomelos alucinóxenos.[14]
Finalmente caeu no tabaquismo,[15] un tema que figuraría nas súas actuacións a partir de entón. A súa adición á nicotina, o amor a fumar, e os intentos ocasionais de deixalo convertéronse nun tema recorrente nos seus últimos anos.
En 1988 Hicks asinou co seu primeiro representante de negocios profesional, Jack Mondrus.[16]
No tema "Modern Bummer" do seu álbum de 1990 Dangerous, Hicks di que deixou de beber alcohol en 1988.
No ano 1989 Hicks publicou o seu primeiro vídeo, Sane Man; unha versión remasterizada con 30 minutos extra foi editada en 1999.[17]
En 1990 Hicks lanzou o seu primeiro álbum, Dangerous, con actuación do especial One Night Stand de HBO, e do festival Just for Laughs de Montreal.[12] Tamén formou parte dun grupo de monologuistas estadounidenses que actuaron no mes de novembro no West End de Londres. Hicks tivo un grande éxito no Reino Unido e Irlanda, e continuou xirando por estes países durante 1991.[18] Ese ano regresou a Just for Laughs e filmou o seu segundo vídeo, Relentless.
Hicks realizou un breve desvío cara a gravación musical co álbum Marble Head Johnson en 1992, colaborando co seu amigo do instituto en Houston Kevin Booth e co batería de Austin, Texas, Pat Brown. Durante ese mesmo ano xirou polo Reino Unido, onde gravou o vídeo Revelations para Channel 4.[19] Pechou o espectáculo coa súa filosofía de vida que ao pouco tempo se faría famosa, "É só un paseo". Nesa xira tamén gravou o seu espectáculo editado nun dobre CD titulado Salvation. Hicks foi votado "Hot Standup Comic" pola revista Rolling Stone en 1993. Bill mudouse á cidade dos Ánxeles no ano 1992.
A banda de metal progresivo Tool invitou a Hicks a abrir varios dos seus concertos nas súas aparicións no festival Lollapalooza de 1993, onde Hicks unha vez pediu á audiencia que buscasen unhas lentes de contacto que perdera. Milleiros de persoas obedeceron.[20]
Os membros de Tool sentían que eles e Hicks "estaban resoando conceptos similares".[21] Pretendendo sensibilizar sobre o material e as ideas de Hicks, Tool dedicou o seu álbum Ænima (1996) a Hicks.[22] Tanto a envoltura lenticular da embalaxe de Ænima como o estribillo da canción "Ænema" fan referencia a un sketch do álbum de Hicks Arizona Bay, na cal se contempla a idea dos Ánxeles caendo no océano Pacífico. A derradeira canción de Ænima, "Third Eye", contén dos álbums de Hicks Dangerous e Relentless.[21][23]
Unha versión alternativa da arte de Ænima amosa un debuxo de Bill Hicks, chamándoo "Another Dead Hero" (outro heroe morto), e hai mencións a Hicks tanto no libreto como no disco.
En 1984 Hicks foi invitado a aparecer no programa Late Night with David Letterman por vez primeira. Tiña unha broma que usaba con frecuencia en clubs de comedia sobre como causou un grave accidente que deixou a un compañeiro de clase nunha cadeira de rodas. A NBC tiña unha política pola que non se podía emitir bromas sobre discapacitados no programa, facendo moi difícil realizar o seu monólogo sen mencionar palabras como "cadeira de rodas".
O 1 de outubro de 1993 Hicks tiña programada unha aparición no Late Show with David Letterman na CBS, a onde Letterman se mudara pouco antes. Era a súa décimo segunda aparición nun talk show nocturno de Letterman, pero toda a súa actuación foi eliminada da emisión: ata ese momento a única ocasión na que se cortou toda o monólogo dun cómico despois de gravar.[24] Segundo Hicks a súa actuaión foi eliminada porque os produtores de Letterman crían que o material, que incluía bromas sobre a relixión e o movemento antiabortista, non era axeitado para emitir.[24] O produtor Robert Morton culpou inicialmente á CBS, que negou a súa responsabilidade; posteriormente Morton admitiu que fora a súa decisión.[24] Aínda que despois Letterman expresou o seu pesar sobre como se actuara con Hicks, este non regresaría novamente ao programa. Hicks estaba someténdose a quimioterapia no momento da súa derradeiroa aparición no Late Show, algo que descoñecía Letterman e a meirande parte da xente fóra da súa familia, e morreu menos de catro meses despois.[25]
Letterman finalmente emitiu na súa totalidade o monólogo censurado o 30 de xaneiro de 2009. A nai de Hicks, Mary, estivo presente no estudio e apareceu no programa como invitada. Letterman responsabilizouse da decisión orixinal de quitar a actuación de Hicks do programa de 1993. "Di máis sobre min que sobre Bill", dixo despois de emitir a actuación, "porque non hai absolutamente nada malo con iso".[26][27]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.