Bieito Seara Formoso, nado en Maceda o 13 de marzo de 1960[1], é un xestor administrativo galego que tivo participación política e chegou a ser alcalde de Maceda durante uns meses.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaBieito Seara
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Maceda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Maceda
1995 – marzo de 1996 (moción de censura) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xestor administrativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Pechar

Traxectoria

Veciño de Maceda, estudou no colexio dos Milagres e despois fixo Económicas na Universidade de Santiago de Compostela (1980-1986). Comezou a traballar como empregado nunha xestoría en Ourense[2]. Participou na creación da asociación local Os Cabaceiros na década dos oitenta[1].

Afiliado ao Bloque Nacionalista Galego en 1982[3], encabezou porén a candidatura da Unión Progresista de Maceda nos comicios de 1987[2] e foi elixido concelleiro. Pasou a liderar as listas do BNG nas eleccións municipais na súa vila en 1991, e repetiu como concelleiro, outra volta en solitario. Por ese tempo, Bieito Seara abriu unha xestoría administrativa en Ourense[4] e tamén por aquelas datas comezou a traballar como profesor de instituto[2], onde aprobou as oposicións en 1991[2] en formación profesional.

En 1995 recuncou como cabeza de lista, e resultou elixido alcalde grazas ao apoio do único concelleiro do PSdeG, Julio Aldemira. Nove meses máis tarde, en marzo de 1996, Aldemira presentou unha moción de censura, co apoio dos 5 concelleiros do PP, e substituíuno como alcalde.

Predecesor:
Ricardo Cid

Alcalde de Maceda

1995 - 1996
Sucesor:
Julio Aldemira



Posteriormente, en 2005, foi escollido por Anxo Quintana director xeral de Acción social, na Vicepresidencia de Igualdade e Benestar do goberno bipartito (PSdeG-BNG), posto no que permaneceu catro anos. Logo das eleccións autonómicas de 2009, ao verse apartado do poder o BNG, Bieito Seara abandonou a vida política.

En 2022, Santiago Prol publicou un libro sobre el: Conversas co Bieito[1].

Véxase tamén

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.