O río Bidasoa (en francés Bidassoa), tamén chamado río Baztan en Baztan, é un curso fluvial do País Vasco, que atravesa as provincias de Navarra e Guipúscoa e separa esta de Lapurdi (Francia).

Datos rápidos País, Altitude ...
Río Bidasoa
Thumb
O Bidasoa ao seu paso por Irún.
PaísEspaña España
Francia
Altitude710
Lonxitude69
Conca710
Caudal medio24,70
DesembocaduraMar Cantábrico
Pechar

Etimoloxía

O mesmo nome actual do río, Bidasoa, podería aludir a Oiasso: "A ruta a, ou de, Oiasso", Bid-aso-a, de Bide = Camiño ou ruta, a Oiasso, ou tamén Oeaso, e o artigo -a, en éuscaro... E é que a ruta desde Pompelo a Oiasso terminaba bordeando cinguidamente o río desde varios quilómetros antes, por mor da abrupta orografía.

Outra versión faría derivar o nome do río do latín: "Via ad Oiasso". En calquera caso a mesma palabra en éuscaro actual, "bidea" (o camiño).

Percorrido

Nace nos Pireneos navarros, no termo de Erratzu na unión das regatas Izpegi e Iztauz. Desde a cabeceira e ata a localidade de Oronoz-Mugairi denomínaselle «río Baztan». A partir de aquí recibe o nome de «río Bidasoa».

No territorio navarro chega ata Endarlatsa, marca durante dez quilómetros a fronteira entre España e Francia e termina desembocando no Mar Cantábrico entre Hendaia e Irún, en Behobia.

Ao longo do seu percorrido recibe numerosos ríos e regatas que, por orde son a regata Ceberia, o río Ezkurra, o barranco Iruribieta, o río Latsa e a regata Etxalar, e os arroios Arregi e Onin.

Desemboca entre Hendaia (Francia) e Hondarribia (España) no mar Cantábrico xunto ao Cabo Higer. A Illa dos Faisáns pertence a ambos países.

Pesca

No río hai pesca de salmón e troita.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.