![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Biblos_Betanzos_libraria.jpg/640px-Biblos_Betanzos_libraria.jpg&w=640&q=50)
Biblos Clube de Lectores
From Wikipedia, the free encyclopedia
Biblos Clube de Lectores[1] é un club de lectura así como unha editorial galega con sede en Oza-Cesuras. Carmela González é a directora e Tucho Calvo o director literario. Comezou a súa andaina en 2003 cun catálogo de obras en galego cunha tiraxe inicial de 278.000 exemplares[2], distribuído cos principais xornais de Galiza.
Biblos Clube de Lectores, SL | |
---|---|
![]() Libraría de Biblos en Betanzos. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 2 de marzo de 2003 (21 anos) |
Localización | Quintá, 8 de Mandaio, 15391 Cesuras (A Coruña) ![]() |
Fundador | Carmela González Boo, Tucho Calvo (Directores) |
Industria | Editorial, Cultural |
Produtos | Libros, música |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten habilitada unha plataforma de pagamento en rede dende a que se poden adquirir máis de 7000 títulos distintos. Funciona mediante subscricións, cuxo custo é de 15 euros anuais máis o compromiso por parte do lector de comprar cando menos un título cada dous meses. Esta empresa é a encargada de organizar o Premio Biblos-Pazos de Galicia, que premia unha narradora ou un narrador menor de 25 anos coa posibilidade de rematar a súa primeira novela coa axuda dun titor experimentado[3].