Betuláceas
familia de árbores / From Wikipedia, the free encyclopedia
Betulaceae, as Betuláceas, son unha familia da orde das fagais. Está composta por árbores ou arbustos dicotiledóneos caducifolios e monoicos que se atopan en rexións temperadas e zonas de montaña nos trópicos. A ela pertencen os amieiros e os bidueiros.
Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Betuláceas (Betulaceae) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O carpe (Carpinus betulus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Pechar
No pasado, esta familia estaba dividida en dúas, Betulaceae (Alnus e Betula) e Corylaceae (o resto); porén, estudos recentes no Angiosperms Phylogeny Group, levaron a incluír a antiga familia Corylaceae dentro das Betulaceae.