Betty Boop
Personaxe de debuxos animados / From Wikipedia, the free encyclopedia
Betty Boop é unha personaxe de debuxos animados que apareceu nas series de filmes Talkartoon e Betty Boop, producidas por Max Fleischer e distribuídas pola Paramount Pictures en 1931[1]. Hoxe, Betty é considerada unha das personaxes dos debuxos animados máis coñecidos do mundo e considerada a raíña dos debuxos animados da década de 1930.
Betty tiña un xeito de moza independente e provocadora, sempre con minisaia e as pernas fóra, exhibindo unha liga. Foi en 1930 cando a personaxe inmigrante xudaica[Cómpre referencia] comezou a súa "carreira", en Dizzy Dishes, inspirándose nas divas desta década, ao son do jazz (Big Bands). Mais Betty Boop fíxose famosa cando interpretou "Boop-Oop-a Doop-Girl", de Helen Kane, e, así, entrou na historia, participando en máis de 100 animacións.
É unha das personaxes símbolo do parque temático Port Aventura en Tarragona.