Better Call Saul
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Better Call Saul é unha serie de televisión estadounidense creada por Vince Gilligan e Peter Gould. É un spin-off e unha precuela da anterior serie de Gilligan, Breaking Bad. O argumento está ambientado a comezos da década de 2000 en Albuquerque, Novo México, e conta a historia de Jimmy McGill (Bob Odenkirk), un avogado que se converte en defensor de criminais, coñecido posteriormente como Saul Goodman. Tamén amosa o decline moral do policía retirado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks), quen se converte nun socio do cartel de Juárez para apoiar á súa familia. As historias de Jimmy e Mike interactúan de xeito esporádico até que as dúas liñas argumentais converxen finalmente. O primeiro episodio foi emitida orixinalmente por AMC o 8 de febreiro de 2015, estreándose cinco tempadas a continuación. A sexta e derradeira tempada, que conta con 13 episodios, estreouse o 18 de abril de 2022, e está prevista que remate o 15 de agosto de 2022.[5]
![]() | |
Formato | Crime e drama[1] Comedia negra[2] Traxedia[3] Drama legal[4] |
---|---|
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Little Barrie |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 63 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Albuquerque, Novo México |
Duración | 41–60 minutos |
Distribuidor | Sony Pictures Television |
Canle de orixe | AMC |
Formato de imaxe | |
Primeiro episodio | 8 de febreiro de 2015 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
http://www.amc.com/shows/better-call-saul | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |