numismático e avogado sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Ernst Bertil Tagesson af Klercker, nado o 31 de xaneiro de 1910 en Estocolmo e finado o 21 de abril de 1986 en Flen, condado de Södermanland, foi un avogado e numismático sueco.
Nome orixinal | Ernst Tagesson af Klercker |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de xaneiro de 1910 Estocolmo. |
Morte | 21 de abril de 1986 (76 anos) Flen, Södermanland. |
País de nacionalidade | Sueco. |
Educación | Universidade de Estocolmo. |
Tese académica | "Equiparación de resultados entre distintos exercicios fiscais na tributación da renda empresarial consonte a lexislación sueca" (1948). |
Actividade | |
Ocupación | Avogado e numismático. |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Af Klercker (en) |
Cónxuxe | Inger Emanuelsson. |
Pais | Tage af Klercker e Märta af Klercker. |
Irmáns | Stig af Klercker. |
Premios | |
1979: Medalla ao Mérito da SNS. | |
Descrito pola fonte | Vem är det 1953 (en) , (sec:af Klercker, Ernst Bertil T:son, p.567) >>>:af Klercker, Ernst Bertil T:son Vem är det 1955 (en) , (sec:af Klercker, Ernst Bertil Tison, p.500) >>>:af Klercker, Ernst Bertil Tison Vem är det 1957 (en) , (sec:af Klercker, Ernst Bertil T:son, p.522) >>>:af Klercker, Ernst Bertil T:son |
Bertil af Klercker naceu en 1910 na antiga parroquia militar de Svea Livgarde, fillo de Märta Boheman e do xeneral de división Tage af Klercker.[1] Tivo tres irmáns, chamados Stig Fredrik, Tage e Carl Göran af Klercker.[2]
Logo da súa licenciatura en Dereito en 1947 na Universidade de Estocolmo, Bertil af Klercker acadou o seu doutoramento en Dereito en 1948,[1] cunha tese titulada "Equiparación de resultados entre distintos exercicios fiscais na tributación da renda empresarial consonte a lexislación sueca".[3][4]
No ámbito militar licenciouse como oficial da reserva en 1930;[3] foi capitán da reserva do rexemento de infantaría de Socorristas de Svea desde 1943 e dirixiu o seu departamento fiscal desde 1946.[1]
Tamén foi membro experto do Comité de Impostos de Distribución entre 1949 e da Investigación Fiscal en 1957.[1]
Á marxe da súa dedicación profesional, tamén foi un numismático prestixioso no seu país. O seu interese pola numismática naceu na súa infancia, cando comezou a coleccionar moedas de temática relacionada coa natureza, e co tempo foi especializando a súa colección na moeda europea e das colonias posterior a 1500. En 1940 ingresou na Sociedade Numismática Sueca (SNS); pertenceu á súa xunta directiva a partir de 1949 e foi o presidente desta entidade entre 1961 e 1962.[3][5] Tamén foi un asiduo colaborador nas exposicións organizadas pola SNS coa colaboración do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo. En 1979 recibiu como agradecemento a Medalla ao Mérito de la SNS. [3]
Outra das súas grandes afeccións foi golf, e Klercker foi un dos fundadores do Rotary Club de Estocolmo.[3]
Bertil af Klercker estivo casado con Inger Emanuelsson (1925-1995).[2]
Finou o 21 de abril de 1986, na parroquia de Vadsbro, condado de Södermanland.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.