![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Bernard_Arnault_%25283%2529_-_2017_%2528cropped%2529.jpg/640px-Bernard_Arnault_%25283%2529_-_2017_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Bernard Arnault
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bernard Jean Étienne Arnault (pronunciado en Francés: [bɛʁnaːʁ aʁno]); nado o 5 de marzo de 1949, é un empresario, investidor e coleccionista de arte francés.[1] [2] [3]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Arnault é o presidente e director executivo (CEO) de LVMH, a maior empresa de artigos de luxo do mundo.
En abril de 2018, converteuse na persoa máis rica do mundo da moda, superando a Amancio Ortega de Inditex.[4]
É a persoa máis rica do mundo segundo a revista Forbes, cun patrimonio neto de 192.100 millóns de dólares, en maio de 2021.[5] Perdeu esta honra da revista de economía e finanzas, superado por Elon Musk meses despois, e volveuna recuperar a finais do ano 2022[6].