Lingua bengalí
lingua indoeuropea falada en Bangladesh e no estado indio de Bengala Occidental / From Wikipedia, the free encyclopedia
O bengalí[4] é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Assam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio.
Bengalí বাঙলা | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Baņla | |
Falado en: | Bangladesh, India (rexión de Bengala Occidental) e outros países | |
Total de falantes: | 300 millóns como lingua materna (censos de 2011 e 2017)[1][2] e 37 millóns de falantes como segunda lingua[1] | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Zona leste Apabhransa avahattha Bengalí | |
Escrita: | ||
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Bangladesh, India, estados de Bengala Occidental e Tripura na India | |
Regulado por: | Academia Bangla (Bangladesh) Academia Bangla Paschimbanga (Bengala Occidental) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bn | |
ISO 639-2: | ben | |
SIL: | BNG
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras bengalís. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En bengalí a lingua chámase bangla (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala (Bongo en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, Bangladesh, un país independente.
O bengalí caracterízase por unha gran simplificación morfolóxica.[5] Posúe un sistema de escritura propio, o alfabeto bengalí, de tipo abugida, emparentado co devanágari e derivado do antigo brahmi, que ten as súas orixes arredor do 1100 a.C. (protobengalí). A dirección da escritura é de esquerda a dereita. Ten numerosos dialectos e dous rexistros extremos, o sādhu-bhāsā, para a literatura, e o calit-Bhāsā, propio da fala popular.
Dende finais do século XI a.C., algunhas inscricións en nagari da India oriental amosan unha evolución que anuncia a moderna escritura engalí. Pódese falar dunha escritura protobengalí, caracterizada en particular pola presenza de pequenos triángulos á esquerda dalgunhas letras. Evolucionou do sánscrito e do prácrito. No século XIX e XX, a literatura desta lingua gozou dun rexurdimento que a situou entre as mellores do sueste de Asia. Deste renacemento xurdiron personalidades como Rabindranath Tagore, o primeiro asiático candidato a un premio Nobel.