From Wikipedia, the free encyclopedia
Ben falado! é un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Emítese na Televisión de Galicia. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e despois emitiunos Correo TV, e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse o 7 de xuño de 2010.[1] Tamén se editou un DVD con 82 capítulos da primeira entrega.[2]
Ben falado! | |
---|---|
Duración | 4 minutos |
Presentado por | Xesús Ferro Ruibal |
Cadea | TVG |
Na rede | |
http://www.crtvg.es/tvg/programas/ben-falado | |
O programa Ben falado! permite ao telespectador acceder a diversas cuestións lingüísticas: