From Wikipedia, the free encyclopedia
Bellona é unha deusa da mitoloxía romana, tipificación da guerra. Con orixe incerta foi identificada coa grega Enio. Era ás veces asociada, como esposa ou irmá, ao deus Marte
Posuía un importante templo en Aletrium. En Roma, o seu templo erguíase fóra da cidade, nas proximidades da Porta Collina. Nel o senado romano recibía os embaixadores estranxeiros.
Na veciñanza do templo, levantábase unha columniña, contra a cal o sacerdote de Xúpiter Feretrio, botaba a lanza en sinal de declaración de guerra: cerimonia que debía ser aprobada polos Feciales.
A súa festa celebrábase o 3 de xuño. Nese día, os seus sacerdotes, os bellonarii, percorrían as rúas de Roma, cheos de furia e con arma branca, coa cal se autolesinaban. Logo eran interrogados polo pobo e as súas respostas tidas como oráculos.
Era representada como un auriga sobre o seu carro, en actitude belicosa, cun facho, unha espada ou unha lanza nas mans. Tal iconografía era semellante á tradicional das Furias.
Compañeira habitual de Bellona, era a Discordia.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bellona |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.