política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Belén Outeiriño Rodríguez, nada en Ourense en 1953, é unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Ourense, España |
Alcaldesa de Petín | |
15 de febreiro de 1980 – 1983 ← Casiano Rodicio Quevedo | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Familia | |
Irmáns | Maribel Outeiriño |
Filla de Alejandro Outeiriño Rodríguez e Rocío Rodríguez Fernández. Estudou o bacharelato en Ourense. Instalouse en Petín a mediados da década dos setenta. Nas primeiras eleccións demócraticas presentouse como número tres na candidatura da UCD ao concello de Petín. Foi elixida concelleira e tenente de alcalde e concelleira de Cultura. Logo da dimisión do alcalde Casiano Rodicio Quevedo en xaneiro de 1980 e da renuncia do número dous Emilio Vázquez Díaz,[1] foi elixida alcaldesa de Petín o 15 de febreiro.[2]
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega que obtivo dous concelleiros,[3] e non puido revalidar a alcaldía a pesar do apoio dos dous concelleiros do PSdeG-PSOE, ao absterse o único concellleiro do PSG-EG.[4] En xaneiro de 1985 dimitiu como concelleira.[5] Nas eleccións autonómicas de 1985 foi a número tres da candidatura do CDS por Ourense,[6] pero non resultou elixida. Foi candidata ao Senado polo CDS nas eleccións xerais de 1986.[7]
Casou en 1970 con León Meana Jiménez, técnico electrónico de Saltos del Sil.[8] É irmá de Maribel e José Luís Outeiriño Rodríguez, presidente de La Región.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.