filme de 1995 dirixido por Richard Linklater From Wikipedia, the free encyclopedia
Before Sunrise é un filme estadounidense de 1995 dirixido por Richard Linklater e escrito por Linklater e Kim Krizan. É a primeira entrega da triloxía Before, e conta a historia de Jesse (Ethan Hawke) e Céline (Julie Delpy) que se encontran nun Eurail con destino a Viena, onde pasan a noite xuntos. Gañou o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cinema de Berlín. As súas secuelas son Before Sunset (2004) e Before Midnight (2013).
Before Sunrise | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Before Sunrise |
Director | Richard Linklater |
Produtor | Anne Walker-McBay |
Guión | Richard Linklater Kim Krizan |
Intérpretes | |
Música | Fred Frith[1] |
Fotografía | Lee Daniel |
Montaxe | Sandra Adair |
Estudio | Castle Rock Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | Sundance: 19 de xaneiro de 1995 27 de xaneiro de 1995 |
Duración | 101 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos Austria[3] |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 2,5 millóns de dólares[4] |
Recadación | 5,5 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://wip.warnerbros.com/beforesunset/ | |
Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid.
Céline e Jesse atópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.