From Wikipedia, the free encyclopedia
O Beechcraft Model 18 (tamén coñecido como Twin Beech) é un avión bimotor lixeiro de 6 a 11 asentos fabricado por Beech Aircraft Corporation de Wichita, Kansas. Fabricouse dende 1937 ata novembro de 1969 (todo un récord na súa época), e producíronse máis de 9 000 unidades, converténdose nun dos avións lixeiros máis usados. Vendeuse en todo o mundo como avión executivo, utilitario, cargueiro e avión de pasaxeiros con tren de triciclo, tren de cola, esquís e frotadores, e tamén foi usado como avión militar.[1][2][3]
Beechcraft Model 18 | |
---|---|
Fabricante | Beech Aircraft Corporation |
Primeiro voo | 15 de xaneiro de 1937 |
Introducido | 1937 |
Produción | 1937 - 1970 |
Unidades construídas | máis de 9 000 |
Durante e despois da segunda guerra mundial usáronse máis de 4 500 Beech 18 en servizo militar, como transporte lixeiro, bombardeiro lixeiro (pola China), adestrador de tripulacións (para bombardeiros, navegadores e artilleiros), foto-recoñecemento, e "avión nodriza" para obxectivos. Entre esas variantes militares estaban os C-45 Expeditor, AT-7 Navigator, e AT-11 Kansan da United States Army Air Forces (USAAF); e os UC-45J Navigator, e SNB-1 Kansan da United States Navy (USN). Na guerra máis do 90% dos bombardeiros e navegantes da USAAF adestráronse neste avión.[1][2][4]
Tras a guerra o Beech 18 era o avión de negocios e alimentador por excelencia. Ademais de transportar pasaxeiros, entre os seus usos civís incluíuse a fumigación aérea, liberación de insectos estériles, almacenamento de peixes, sementeira de nubes de xeo seco, extinción de incendios, transporte de correo, servizo de ambulancia, producións cinematográficas, paracaidismo, cargueiro, tráfico de armas e drogas, banco de probas para motores, escritura no ceo, remolque de pancartas e avión acrobático. No presente moitos destes avións están en mans privadas e en agosto de 2017 aínda quedaban uns 240 nos Estados Unidos segundo o rexistro da FAA.[1][3][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.