Bebé
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un bebé é un ser humano dunha idade aínda moi curta, que non pode falar nin camiñar.[1] Un bebé recentemente nado é un neonato.
O bebé é totalmente dependente dos seus proxenitores ou titores, necesitando da súa atención para poder satisfacer as súas necesidades básicas ou para realizar actividades elementais. Ante calquera necesidade ou incomodidade, o bebé chora para atraer a atención dos adultos.
Esta sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada. Por favor, axude mellorando esta sección. |
Idade (meses) | Neno (cm) | Nena (cm) |
---|---|---|
ao nacer | 35,4 | 34,6 |
1 | 37,8 | 37,0 |
2 | 39,8 | 38,7 |
3 | 41,4 | 40,2 |
4 | 42,6 | 41,2 |
5 | 43,6 | 42,2 |
6 | 44,4 | 43,0 |
7 | 45,1 | 43,8 |
8 | 45,7 | 44,3 |
9 | 46,2 | 44,8 |
10 | 46,6 | 45,3 |
11 | 47,0 | 45,6 |
12 | 47,2 | 46,0 |
24 | 49,2 | 48,22 |
Idade (meses) |
Peso ideal (kg) |
Estatura ideal (cm) |
---|---|---|
Ao nacer | 3,2 | 49,9 |
1 | 4,5 | 54,7 |
2 | 5,6 | 58,4 |
3 | 6,4 | 61,4 |
4 | 7,0 | 63,9 |
5 | 7,5 | 65,9 |
6 | 7,9 | 67,6 |
7 | 8,3 | 69,2 |
8 | 8,6 | 70,6 |
9 | 8,9 | 72,0 |
10 | 9,2 | 73,3 |
11 | 9,4 | 74,5 |
12 | 9,6 | 75,7 |
Idade (meses) |
Peso ideal (kg) |
Estatura ideal (cm) |
---|---|---|
Ao nacer | 3,1 | 49,1 |
1 | 4,2 | 53,7 |
2 | 5,1 | 57,1 |
3 | 5,8 | 59,8 |
4 | 6,4 | 62,1 |
5 | 6,9 | 64,0 |
6 | 7,3 | 65,7 |
7 | 7,6 | 67,3 |
8 | 7,9 | 68,7 |
9 | 8,2 | 70,1 |
10 | 8,5 | 71,5 |
11 | 8,7 | 72,8 |
12 | 8,9 | 74,0 |
Entre os coidados básicos do bebé están:
O mellor alimento para o bebé é o leite materno e por iso é que se promove tanto a lactación e os seus múltiples beneficios (protección contra enfermidades, inmunidade, fortalecedora do vínculo afectivo entre nai e fillo, etc.).[2] O leite materno ten varios beneficios:
Con todo, poden existir casos nos que por diversas razóns (por exemplo, enfermidade ou ausencia da nai) isto non é posible e débese recorrer ao leite de fórmula.
A pel dun bebé ten unhas características especiais a ter en conta no coidado diario:[3]
En xeral os bebés recentemente nados defecan logo de cada inxesta, é por iso que é necesario mudar o seu cueiro.
Antes da caída do cordón umbilical, debe terse moito coidado ao hixienizar ao bebé, posto que esa zona non pode mollarse. É por iso, que moitos pais optan por non mergullar ao bebé ao baño até despois que caia o embigo.
Unha vez que o cordón caeu e que pode mollarse ao bebé con tranquilidade, pódese mergullalo na bañeira, sempre coidando que a cabeza quede fóra da auga. En xeral, aconséllase lavar primeiro a cabeza, antes de desvestilo, para evitar que se arrefríen, e logo quitarlle a roupa e lavar o seu corpo con auga tépeda, previamente probada a temperatura.
É conveniente que a habitación na que se bañe ao bebé estea correctamente climatizada e que non existan correntes de aire que poidan arrefrialo.[4]
Cortar as unllas do bebé é fundamental para evitar que poida magoarse o mesmo. Existen tesoiras especiais que teñen as puntas redondeadas ou outras para arriba, que son ideais para isto. Moitos recomendan realizalo cando o bebe está durmido, xa que o neno por natureza tende a ser moi inquieto para realizar este tipo de actividade.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.