filme de 1989 dirixido por Tim Burton From Wikipedia, the free encyclopedia
Batman é un filme norteamericano de 1989 baseado na saga de banda deseñada Batman de Bob Kane. É o primeiro dunha serie de catro filmes, dirixido por Tim Burton e con Michael Keaton como Bruce Wayne/Batman e Jack Nicholson como The Joker. Envolto nunha atmosfera escura e gótica como os cómics do Batman de Frank Miller ou Alan Moore foi un éxito comercial. No filme nárrase como Batman comenza a súa carreira contra o crime en Gotham, cidade que está preparando as celebracións do seu 200 aniversario e que temía un aumento da violencia.
Batman | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Batman |
Director | Tim Burton |
Produtor | Peter Guber Jon Peters Benjamin Melniker Michael Uslan |
Guión | Sam Hamm Warren Skaaren |
Baseado en | Batman de Bob Kane |
Intérpretes | Michael Keaton Jack Nicholson Kim Basinger Robert Wuhl Pat Hingle Billy Dee Williams Michael Gough Jack Palance |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Roger Pratt |
Montaxe | Ray Lovejoy |
Estudio | PolyGram Filmed Entertainment The Guber-Peters Company |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 1989 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $48 000 000[1] |
Recadación | $411 348 924 |
Filme seguinte | Batman volve |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/batman-motion-picture-anthology/ | |
A escura e perigosa cidade de Gotham tan só está protexida polo seu corrupto corpo de policía. A pesar dos esforzos do fiscal do distrito Harvey Dent e o comisionado de policía Jim Gordon, a cidade é cada vez máis insegura ata que aparece Batman. A reputada xornalista Vicky Vale intentará descubrir o segredo que se agocha trala capa do home morcego.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.