Batalla do mar do Coral

From Wikipedia, the free encyclopedia

Batalla do mar do Coral

A batalla do mar do Coral, librada entre o 4 e o 8 de maio de 1942, foi unha gran batalla naval no teatro do Pacífico durante a segunda guerra mundial que enfrontou á Armada Imperial Xaponesa e a forzas navais e aéreas aliadas dos Estados Unidos e Australia. A batalla foi a primeira acción na cal os portaavións enfrontáronse entre si, ademais da primeira na que os barcos dous dous bandos non se viron ou dispararon direcamente entre si.

Datos rápidos Data:, Lugar: ...
Batalla do mar do Coral

O portaavións estadounidense Lexington estoupa o 8 de maio.
Data: 4 - 8 de maio de 1942
Lugar: mar do Coral
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: *Vitoria táctica xaponesa
*Vitoria estratéxica aliada
Combatentes
Estados Unidos
Australia
Xapón
Pechar

Nun intento de reforzar o seu posicionamento defensivo para o imperio no Pacífico Sur, as forzas imperiais xaponesas decidiron invadir e ocupar Port Moresby en Nova Guinea e Tulagi no sueste das illas Salomón. O plan para cumprir isto, chamado operación MO, involucraba a varias grandes unidades da Frota Combinada Xaponesa, incluídas dúas frotas de portaavións e un portaavións lixeiro para proporcionar cobertura aérea ás frotas de invasións, todas baixo o mando de Shigeyoshi Inoue. Os estadounidense souberon dos plans xaponeses e enviaron dúas forzas de portaavións e unha forza conxunta estadounidense-australiana de cruceiros, baixo o mando do almirante estadounidense Frank J. Fletcher.

Entre os días 3 e 4 de maio os xaponeses invadiron e ocuparon exitosamente Tulagi, aínda que varios dos seus barcos de apoio foron sorprendidos e afundidos ou danados por avións do Yorktown. Consciente da presenza dos portaavións estadounidenses na zona, a frota de portaavións xaponeses entrou no mar do Coral coa intención de atopar e destruír ás forzas aliadas.

Comezando o 7 de maio, as forzas de portaavións dos dous bandos intercambiáronse ataques aéreos durante dous días. O primeiro día, os estadounidense afundiron o portaavións lixeiro Shōhō, mentres que os xaponeses fixeron o mesmo cun destrutor estadounidense e danaron seriamente un barco de reabastecemento de combustible. O día seguinte o portaavións xaponés Shōkaku foi seriamente danado, e o estadounidense Lexington sufriu danos críticos, mentres que o Yorktown tamén foi danado. Con ámbolos dous bandos sufrindo fortes perdas de avións, e con portaavións danados e afundidos, as dúas frotas retiráronse da zona da batalla. Debido á perda de cobertura aérea, Inoue retirou á frota de invasión de Port Moresby, coa intención de intentalo de novo posteriormente.

Aínda que foi unha vitoria táctica dos xaponeses en termos de barcos afundidos, a batalle demostrou ser unha vitoria estratéxica para os Aliados por moitas razóns. A expansión xaponesa, aparentemente imparable ata entón, parouse por vez primeira. Máis importante, os portaavións xaponeses Shōkaku e Zuikaku, un danado e o outro sen dotación de avións, non puideron participal na batalla de Midway, que tivo lugar o mes seguinte, garantindo unha paridade de avións entre os dous adversarios e contribuíndo significatvamente á vitoria estadounidense nesa batalla. As severas perdas en portaavións en Midway impediron aos xaponeses intentar novamente a invasión de Port Moresby dende o océano. Dous meses despois os Aliados colleron vantaxe da vulnerabilidade estratéxica do Xapón no Pacífico Sur, e iniciaron a campaña de Guadalcanal que, xunto coa campaña de Nova Guinea, finalmente rompeu as defensas xaponesas na zona e foi un significativo factor que axudou á derrota final do Xapón na segunda guerra mundial.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.