![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Batalla_de_poitiers..png/640px-Batalla_de_poitiers..png&w=640&q=50)
Batalla de Poitiers (732)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Poitiers tivo lugar no 10 de outubro de 732 entre as forzas lideradas polo franco Carlos Martel e un exército musulmán dirixido polas ordes do valí (gobernador) de Al-Andalus Abad ar-Rahman ibn Abd Allah al-Gafiqi, preto da cidade de Tours, na actual Francia. Durante a batalla, os francos (cristiáns) derrotaron o exército musulmán e al-Gafiqi resultou morto.[1] Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecimiento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio persa sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma. As fontes desta batalla son dubidosas, posto que as fontes musulmás de Al-Andalus da época a situaron ao redor do 732 pero a Crónica de 754, cristiá e contemporánea, suxeriu que a batalla se produciu a finais de 733 o 734, probablemente en outubro.[1]
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/Batalla_de_poitiers..png/320px-Batalla_de_poitiers..png)
Óleo do século XIX que representa a batalla de Poitiers de 732, pintado por Charles de Steuben.
Data: 10 de outubro de 732
Lugar: Entre Tours e Poitiers, Francia
Resultado: vitoria Franca decisiva.