Batalla de Jena
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Jena librouse o 14 de outubro de 1806 en Jena, Turinxia (actual Alemaña), e enfrontou o exército francés, baixo o mando de Napoleón contra o segundo exército prusiano comandado por Frederico Guillerme III de Prusia.
Esta batalla, xunto á batalla de Auerstädt, significou a derrota de Prusia a súa saída das guerras napoleónicas até 1813.
Desenvolvemento da batalla
A vangarda do exército francés chegou a Jena a últimas horas do 13 de outubro ás ordes do mariscal Jean Lannes, uníndose posteriormente a forza do Emperador, o que resultou nun exército de máis de 100 000 homes. Fronte a eles, os prusianos reuniron a uns 70 000 homes ao mando do Príncipe Friedrich Hohenloe.[1][2]
A batalla desencadeose por unha carga incontrolada do Mariscal Michel Ney, que se lanzou contra os prusianos, tendo que ser rescatado pola cabalaría francesa antes de que fora completamente aniquilado. O posterior avance do groso do exército francés, coa cabalaría ao mando de Joachim Murat, foi nese momento, ao redor das 13:00 horas, cando Napoleón decidiu dar o paso decisivo. Ordenou ao seus flancos que empuxaran con forza e intentaran atravesar os flancos prusianos e rodear ao exército central principal, mentres o centro francés intentaba esmagar ao centro prusiano. Os ataques polos flancos resultaron ser un éxito. Cos flancos rotos, o exército prusiano viuse obrigado a retirarse e Napoleón gañou outra batalla.[1]
En total, o exército prusiano perdeu 10 000 homes mortos ou feridos, tomou 15 000 prisioneiros de guerra e 150 canóns.[1], a mesmo tempo estaba sendo fortemente acosado polo Mariscal Davout na Batalla de Auerstädt.
Tras o combate principal, o exército francés avanzou, xa practicamente sen resistencia, tomando as cidades de Erfurt e, finalmente, Berlín, forzando o exilio da familia real prusiana.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.