From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Heiligerlee tivo lugar o 23 de maio de 1568 na provincia de Groningen, nos Países Baixos. É a primeira batalla oficial da Guerra dos oitenta anos entre a monarquía española da Casa de Austria e as Provincias Unidas. En abril do mesmo ano xa se produciran enfrontamentos entre os dous contendentes en Rheindalen.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Á fronte dun exército duns catro mil homes, Luís de Nassau e Adolf de Nassau irmáns de Guillerme de Orange (o líder da rebelión das Provincias Unidas), invaden a provincia de Groningen defendida polo estatúder Johan de Ligne cun exército de pouco máis de 3 000 homes, que rexeita presentar batalla á espera de reforzos.
O 23 de maio a cabalaría comandada por Adolf consegue atraer a unha emboscada ao exército de A Coroa preto do monasteiro de Heiligerlee. A emboscada dá resultado e as forzas da coroa perden máis da metade dos seus homes por só cincuenta das Provincias Unidas, entre as que se inclúe o propio Adolf de Nassau.
Trala batalla, Louis de Nassau non foi capaz de tomar a cidade de Groningen e dous meses máis tarde o seu exército, reforzado ata alcanzar os dez mil homes, foi destruído polo exército capitaneado por Fernando Álvarez de Toledo, terceiro duque de Alba, na batalla de Jemmingen.
Para rematar, a batalla tivo o inesperado resultado de sellar o destino do terzo de Sardeña, que o duque de Alba consideraba culpable da batalla que, durante moitos anos foi a única vitoria en campo aberto dun exército holandés.
Cando trala batalla de Jemmingen e ao pasar o terzo polo lugar onde fora vencido incendiou o lugar, o duque decidiu disolver o terzo e repartir aos seus compoñentes entre outras unidades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.