Bastavales, Brión
parroquia civil do concello de Brión From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Brión From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xulián de Bastavales[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.
San Xulián de Bastavales | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Bastavales. | |
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°49′19″N 8°39′50″O |
Área | 14,4 km² |
Poboación | 1.397 hab. (2018) |
Densidade | 97,01 hab./km² |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu xentilicio é bastavaleiro[2].
Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
En San Xulián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior. Aparece mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares gallegos.
Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.