![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Barstar-barnase-1brs.png/640px-Barstar-barnase-1brs.png&w=640&q=50)
Barstar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Barstar é o nome dunha pequena proteína sintetizada pola bacteria Bacillus amyloliquefaciens. A súa función é inhibir a actividade ribonuclease do encima barnase, ao cal se une formando un complexo unido de modo extraordinariamente forte dentro da célula bacteriana, antes de que se segregue a barnase.[2][3] A expresión da barstar é necesaria para contrarrestar o efecto letal da expresión da barnase activa dentro da célula. A estrutura do complexo barnase-barstar xa foi determinada.[4]
Barstar | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Barstar | ||||||||||
Pfam | PF01337 | ||||||||||
InterPro | IPR000468 | ||||||||||
SCOPe | 1brs / SUPFAM | ||||||||||
|
A barstar (e tamén a barnase) é unha proteína dunha soa cadea polipeptídica pequena moi axeitada para facer estudos sobre o pregamento de proteínas e as interaccións proteína-proteína.[5]
A interacción entre o inhibidor barstar e a barnase é rápida en parte pola agrupación de catro residuos cargados negativamente (Asp35, Asp39, Glu76 e Glu80) na superficie da barstar por onde se une á barnase. Estas cargas negativas dirixen o inhibidor cara ao sitio activo da barnase cargado positivamente.[6]