From Wikipedia, the free encyclopedia
Barranquilla é unha cidade de Colombia, capital do departamento colombiano do Atlántico, cunha poboación de 1 219 731 habitantes. A cidade fundouse en 1629. Atópase sobre a marxe occidental do río Magdalena a 7,5 km da súa desembocadura no mar Caribe. En 1993 foi organizada constitucionalmente en distrito especial, industrial e portuario.[1] É o principal centro económico da Rexión Caribe de Colombia, entre as actividades económicas salientan o comercio e a industria.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Atlántico | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.326.588 (2023) (8.614,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 154 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe e Río Magdalena | ||||
Altitude | 18 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 7 de abril de 1813 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | alcaldía de Barranquilla | ||||
• Alcalde | Jaime Pumarejo (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | concello de Barranquilla Circunscrición: 1, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 5 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Río de Xaneiro Santo Domingo Doral (pt) Kaohsiung Maracaibo Guayaquil Buenos Aires Brownsville (pt) (2013–) Miami (2015–) Belén (2016–) Tampa (2016–) Cidade de Panamá (2017–) Aberdeen (2021–) Nanjing (2021–) Málaga (2022–) | ||||
Páxina web | barranquilla.gov.co |
O estabelecemento da cidade data da terceira década do século XVII, cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola Coroa Española. Durante a época da Independencia, Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do século XIX adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do século XX. Dende finais do século XIX até os anos 1930, Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a radio comercial e a telefonía, así como de varios deportes.
A poboación de Barranquilla é de 1 228 621 persoas, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país detrás de Bogotá, Medellín e Cali. A cidade é o núcleo da Área Metropolitana de Barranquilla, a cal está constituída ademais polos concellos de Soledad, Malambo, Galapa e Puerto Colombia. O conglomerado alberga a 2 050 127 habitantes, e ocupa tamén a cuarta posición entre as conurbacións do país.[3][4] Como capital departamental, Barranquilla é sede da Gobernación do Atlántico, da Asemblea Departamental e do Tribunal Superior do Atlántico, máximo órgano xudicial do departamento.
Barranquilla é sede dunha das festividades folclóricas e culturais máis salientables de Colombia, o carnaval de Barranquilla, declarado Patrimonio Cultural da Nación polo Congreso de Colombia en 2001 e Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2003.[5][6] A cidade foi designada Capital Americana da Cultura en 2013.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.