Barberà del Vallès
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia
Barberà del Vallès é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Occidental.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental | ||||
Capital | Barberà del Vallès (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.322 (2023) (4.014,7 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 20 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8,3 km² | ||||
Bañado por | Río Ripoll | ||||
Altitude | 146 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xavier Garcés Trillo (pt) (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08210 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08252 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082520 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bdv.cat |
Nun principio fundada como urbe Romana. Cara ao ano 1005, o testamento do vizconde Guitard, parente de Borrell II, que fala do castelo de Barberà, divide a propiedade entre a sede de Barcelona e a basílica barcelonesa de San Miguel Arcanxo.
Como todas as fortalezas do país, o castelo pertencía ao conde de Barcelona; a propiedade do castelo pasou aos Ribes, máis tarde aos Montcada e, para rematar, en 1599 Filipe III cedeulla como favor aos Galceran do Pinós. En 1702, Filipe V nomeou a Galcerán de Pinós primeiro marqués de Barberà.
Barberà era un lugar de paso, situado no camiño real de Barcelona. En 1619 xa se construíu un caserón moi grande, con capacidade para moitos hóspedes e todo tipo de servizos: o hostal nou.
En 1750 construíronse a un só lado do camiño real casiñas en ringleira que aparecen documentadas como o Hostal Nou e as casiñas en 1782 e como o Hostal Nou e a rúa en 1796.
O segundo núcleo urbano foi Can Gorgs - Ensanche, ao redor da estación de ferrocarril e como outras poboacións veciñas converteuse no canto de veraneo. Durante os séculos XVII, XVIII e XIX, Barberà foi a miúdo un lugar de aloxamento e de aprovisionamento para tropas de distintos bandos das guerras que se produciron (de Sucesión, da Independencia etc.).
Naqueles tempos, os habitantes vivían dos froitos da terra e dos muíños, que foron moi importantes para o desenvolvemento económico da zona. Tamén nesta época construír a igrexa románica de Igrexa de Santa María de Barberà.
O século XIX empezou coa abolición por parte das Cortes de Cádiz primeiro (1811) e de Fernando VII despois (1822) de todo tipo de señoríos, que foron incorporados ao Estado e que eran gobernados directamente polas súas leis xerais.
A mediados do século XIX, ademais da estrada nacional, tamén a liña de ferrocarril a Sabadell atravesaba Barberà.
Barberà durante a guerra civil española mantívose fiel á República ata o día 26 de febreiro de 1939 cando un pequeno exército que entrou polo oeste desta. Foi ese día cando se colgou no concello a bandeira bicolor. Hai que destacar que unha vez ocupada polos nacionalistas, cambióuselle o nome a Sta. María de Barberà e cambiáronselle os nomes ás rúas; José Antonio, Caudillo, Primo de Rivera etc. No entanto, non foi ata o ano 1941 que a FET das JONS gobernou nesta poboación.
O ano 1959, o barrio de la Creu anexiónase a Sabadell, producindo un descenso da poboación (80%). Está anexión produciuse polo interese de Sabadell de ter máis habitantes que Terrassa, máis terreos para dar vivenda aos estranjeros e sobre todo, para aumentar a súa poboación e así obter máis axudas do Estado.
A poboación seguía crecendo, xa que ían chegando inmigrantes para traballar nas terras, nos muíños de papel ou na incipiente industria sabadellense.
En 1970 empezou a edificarse o último polígono industrial en torno ao castelo, o que proporcionou novos postos de traballo. En abril de 1979 celebráronse as primeiras eleccións democráticas en Barberà.
Actualmente, Barberà del Vallès é unha cidade de máis de 30 000 habitantes. No ámbito industrial, é unha das principais cidades da comarca do Vallès Occidental, cunha división clara entre a zona urbana e a industrial.
A poboación da cidade, que maioritariamente é froito da inmigración interior de España dos anos sesenta, forma parte desta cidade, que asimila a cultura autóctona de Cataluña e fomenta o asociacionismo cultural e folclórico.
A zona deportiva, co novo complexo de Can Llobet, reúne condicións óptimas para a práctica do deporte.
En 1985 Barberà conmemorou o seu milenario, que coincidiu coa inauguración da praza da Vila.
Conta cunha poboación de 33 082 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Barberà del Vallès[1] entre 1842 e 2021 |
A agricultura foi substituída rapidamente primeiro polo sector téxtil e posteriormente polo sector servizos, salientando o sector farmacéutico, como a industria Novartis, e o sector informático.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.